ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DE PELÍCULAS PARA O 16 FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE

26 / 01 / 2011

O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) abre o prazo de inscrición de filmes para a súa 16 edición, que se celebrará do 14 ao 23 de outubro de 2011. Poden competir filmes de calquera temática, producidos en 2010 e 2011 e non exhibidos ou editados comercialmente en España. O rexistro pódese realizar dende a páxina web do OUFF até o 15 de maio.

As seccións oficiais do concurso son cinco:
> Longametraxes de ficción (60 minutos ou máis)
> Documentais (calquera duración)
> Curtametraxes de ficción (menos de 60 minutos)
> Animación (calquera duración)
> Novos Media (audiovisuais experimentais de calquera duración)

A pasada edición do Festival, recibíronse 1.893 filmes procedentes de 95 países, o que deu lugar a unha programación total de 243 películas (119 delas en competición e 123 nas seccións paralelas, entre as que destacou Panorama Galiza).

Categoría: Noticias
Etiquetas: