Mañá sábado 12 de febreiro ás 18.00h terá lugar no CGAI a proxección de “Bendita Calle” e “Sería Aires”e avance da longametraxe «Os fillos da vida», que contarán coa presenza dos seus autores, Ángel Rueda e Ana Domínguez. A sesión contará coa participación (narración en directo sobre as imaxes) de José Luís Ducid na peza «Sería Aires».
A proxección complétase coa presentación dun teaser da longametraxe Os fillos da vide, que está a realizar Ana Domínguez, vinculada en labores de produción aos traballos de Rueda (autor de EL CIELO DEL SUPER 8 e 50 AÑOS EN EL ANDAMIO, membro fundador de Lili Films), ao tempo que ambos son responsables da Mostra de Cinema Periférico S8.
BENDITA CALLE
(España, 2005)
Dirección, guión, produción e fotografía: Ángel Rueda. Duración: 18 minutos.
365 días cun tomavistas de Súper 8, filmando o excepcional do cotián para descubrir unha realidade que se transforma en ficción. A rúa convertida en escenario, nós en actores e a vida en argumento. Sinfonía urbana rodada integramente en Súper 8, cámara en man seguindo o ideario de Vertov. Premio Nova Factory 05.
SERÍA AIRES
(España, 2009)
Dirección, produción e fotografía: Ángel Rueda. Guión: José Luis Ducid. Duración: 16 minutos.
A partir dun filme doméstico realizado a principio dos 60 na cidade de Bos Aires, trázase un percorrido de fuxida a través da metraxe atopada nun intento por alcanzar unha saída que, non obstante, nos devolve inevitablemente ás súas entrañas. Texto de José Luis Ducid. A sesión complétase coa presentación dun teaser da longametraxe Os fillos da vide, que está a realizar Ana Domínguez, vinculada en labores de produción aos traballos de Rueda, ao tempo que ambos son responsables da Mostra de Cinema Periférico S8.