OUFF + CINECLUBE PADRE FEIJOO PRESENTAN «LONDON RIVER»

15 / 02 / 2011

O Festival de Cine Internacional de Ourense xunto co Cineclube Padre Feijóo proxectarán a longametraxe «London River», de Rachid Bouchareb. Os interesados poden acudir ás proxeccións da mesma que terán lugar o mércores 16 no Cinebox en dobre sesión, ás 20.30 e ás 23.00 horas.

FICHA TÉCNICA

London River. Reino Unido, Francia, Alxeria, 2009. Cor, 90 min. Xénero: Drama | Dirección: Rachid Bouchareb | Guión: Rachid Bouchareb, Olivier Lorelle e Zoé Galeron | Produción: Jean Bréhat, Bertrand Faivre e Matthieu de Braconier | Fotografía: Jérôme Alméras | Montaxe: Yannick Kergoat | Música: Armand Amar | Intérpretes: Brenda Blethyn (Elisabeth), Sotigui Kouyaté (Ousmane), Roschdy Zem, Sami Bouajila, Bernard Blancan, Marc Bayliss, Gareth Randall, Aurelie Eltvedt, Francis Magee, Mathieu Schiffman | Distribuidora: Vértigo Films | Versión orixinal con subtítulos en castelán.

PREMIOS
Festival de Berlín 2009: Oso de Prata ao Mellor Actor para Sotigui Kouyaté.

SINOPSE
Unha muller inglesa cristiá e tradicional e máis un africano musulmán residente en Francia buscan desesperadamente aos seus respectivos fillos, desaparecidos nos atentados terroristas do metro de Londres do 7 de xullo de 2005.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: