O vindeiro luns 28 de Febreiro, ás 22.00, terá lugar na primeira proxección do ciclo As Lúas de Amal 2011, unha proposta que nace ao amparo do Festival, para promover o cinema árabe durante todo o ano. Nesta ocasión, o público que se achegue á Galería Fundación Araguaney, no número 21 da Rúa do Vilar, poderá gozar da longametraxe ¿Acórdasche de Adil?. Esta película, dirixida polo xornalista e cineasta marroquí Mohamed Zineddaine, foi a máis votada polos internautas de entre o tres opcións propostas na páxina web de Amal, obtendo un 66% dos votos.
¿Acórdasche de Adil?, conta a historia dun mozo que sempre soñou con cruzar alén do Mediterráneo. Cando consegue emigrar, instálase en Bolonia, onde vivirá dúas vidas paralelas, coidando do seu irmán discapacitado e traballando para un traficante