Os Encontros Mestre Mateo, que se van desenvolver durante toda a semana, de luns a venres, en Ourense, Santiago, Vigo, A Coruña e Lugo, respectivamente, achegarán de novo os traballos e os profesionais do audiovisual aos estudantes das escolas de audiovisual de Galicia.
Así, coa exhibición de distintas producións e de charlas con persoas que traballaron en cada unha delas, a Academia achega aos nominados nesta novena edición dos Premios Mestre Mateo, ás escolas. Podedes consulta-la programación no arquivo adxunto.