Hoxe venres 29 de abril ás 19.00 horas terá lugar a presentación da novela “La viña vieja” por parte do seu autor, o guionista e escritor, Eligio R. Montero.
A acción de “La viña vieja”, novela baseada na exitosa serie “Gran reserva”, ten lugar dez anos antes do comezo da serie e narra a orixe dos segredos e da rivalidade que o destino irá tecendo entre os Cortázar e os Reverte. Podería dicirse que se trata dunha “precuela” literaria da serie de televisión.
“Gran reserva”, creada por Ramón Campos e Gema R. Neira, é unha exitosa producción de Bambu Producciones para TVE que se emite en prime time todos os xoves cunha media de audiencia cercana ao 20% de share. Eligio R. Rodriguez é un dos seus guionistas.
Ademais, o autor de «La viña vieja» escribiu guións de series como Mareas Vivas, Terras de Miranda, A vida por diante, Pequeño hotel, Hispania, Gran Reserva entre outras. Tamén foi creador e guionista de As Leis de Celavella.
O autor será presentado por Carlos Ares, Presidente da Asociación Galega de Guionistas (AGAG).
Organizan: Asociación Galega de Guionistas (AGAG) e Academia Galega do Audiovisual
Lugar: Salón de actos da Real Academia de Belas Artes, Praza Pintor Sotomayor s/n, 2º andar, A Coruña. Antigo museo de Belas Artes.
Hora: 19.00 horas
Día: 29 de Abril