A organización de Curtocircuíto continúa facendo un chamamento a todo o alumnado galego, e ó profesorado en xeral para que contribuia á súa impulsión, para poñer á súa disposición especialmente ós nenos e nenas –e por suposto, totalmente de balde- que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
A sección “Público Novo” dentro da programación de Curtocircuíto, vense realizando dende hai 4 anos cun enorme interese por parte de colexios e institutos composteláns e do contorno, que aproveitan o Festival para que os máis novos tomen contacto co mundo das curtametraxes.
Os programas que integran Público Novo e que terán lugar sempre no Teatro Principal, serán os días Luns 9, o Martes 10 e Mércores 11 do mes de Maio. Cada unha destas Xornadas estará dedicada a unha franxa de idade:O Luns as curtas seleccionadas estarán orientadas para nenos e nenas entre 6 e 11 anos; o Martes irán dirixidas para a franxa entre 11 e 14 anos, mentres que o Mércores día 11, os rapaces de entre 14 e 18 anos serán o público ó que vai dirixido. Cada día haberá dous pases, un de 10.00 a 11.30 e outro de 12.00 a 13.30.
O profesorado interesado en vir co alumando a pasar un distindo tempo de cine con Curtocircuíto, non ten máis que mandar un correo electrónico a actividades@Curtocircuíto.org, e solicitar toda a información que precise. É necesario formalizar a reserva para asistir.
Pero este Programa non só está dirixido ós Centros de Ensino, senón tamén ás familias. Quen teña fillos, ou quen quedaraa coas ganas de ver estas curtas, o Domingo 8 de Maio, dende as 12.00 da maña e ata as 13.30, farase unha nova sesión de Público Novo 1 no Centro Social Novacaixagalicia, na Praza de Cervantes. Este pase estará aberto para toda a familia, sen inscricións nin reservas. De balde e ata completar aforo. As persoas interesadas poden consultar as curtas que compoñen estes programas no apartado Programación da páxina web www.Curtocircuíto.org. Tomar contacto co mundo das Curtametraxes pode ser unha boa forma de achegar ós pequenos (e ós maiores tamén) a outras realidades culturais e outras linguas.Non o perdades! Agardámosvos nesta VIII edición de Curtocircuíto.