Cidade de Vida e Morte (China 2009), do director Lu Chuan, inaugura este mércores o ciclo de Cine Oriental organizado polo Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) e Cineclube Padre Feijóo. A película, que acadou a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián de 2009 e tamén o premio á mellor fotografía, relata un cruento episodio da guerra chinesa-xaponesa de 1937.
A proxección terá lugar este mércores 4 de maio ás 20:30 e ás 23:00 horas no Cinebox, cun custe de 4€.
A oferta de cine amplíase co Ouff Infantil:
Jack, Rei do Amazonas. Sábado 7 de maio. 11:30 horas. Cinebox. 2 €