16OUFF E CINECLUBE PRESENTAN: CINE ORIENTAL “KIDS AND KIDS”

24 / 05 / 2011

Este mércores 25 de maio o 16 Festival Internacional de Cine de Ourense e o Cineclube Padre Feijóo proxectan co retrato da xuventurde chinesa de comezo de século e xa para pechar o ciclo de cine oriental, “Kids and Kids”, de Zhang Feng, ás.30 e ás 23.00.

Kids and Kids, de Zhang Feng, foi unha das perlas de longametraxe que participaron na pasada edición do Festival de Cine Internacional de Ourense. A proxección é este mércores 25 de maio en dobre pase: ás 20:30 e ás 23:00 horas. A entrada ten un custe de 4€ (reducido para estudantes con carné universitario e maiores de 65 anos).

 

OUFF Infantil

Outro ciclo que remata é o dedicado aos pequechos. Desta vez cun filme de animación realizado en 2005 por Dygra Films, baseado na obra homónima de William Shakespeare. O soño dunha noite de San Xoán foi Dirixido por Ángel de la Cruz e Miguel Gómez Pereira.

Categoría: Noticias
Etiquetas: