Na asemblea ordinaria e electoral do pasado venres 27 de maio saíu por aclamación unha nova xunta directiva que rexerá a vida da Academia os vindeiros dous anos. O equipo directivo está presidido por Antomio Mourelos, sendo Vicepresidente Jorge Coira; Secretaria Sara Horta; Tesoureira María Liaño e como vogais Xaime Arias, Daniel D. García, Curru Garabal, Emma Lustres, José Pereira e Luís Tosar.