«O Segredo da Frouxeira», de EAF Producción, proxectarase no antigo cárcere da Coruña este sábado 11 de xuño.
Será as 18:30h. dentro dos actos de inauguración da exposición «Liberdade» da plataforma cidadá «Proxecto Cárcere», en colaboración coa Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica, e tras unha charla coloquio sobre a represión no franquismo.
Entrada libre ata completar aforo.