AMAL PARTICIPA NO FESTIVAL DOS ABRAZOS 2011

9 / 08 / 2011

Dentro da programación do Festival dos Abrazos 2011, haberá 3 citas relacionadas co Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal. Trátase dunha serie de filmes (xénero documental, longametraxes e curtametraxes) que se proxectaron en pasadas edicións do Festival e que pola súa gran calidade e fidelidade á hora de reflictir a cultura árabe, foron selecionadas pola organización para seren proxectadas no Festival dos Abrazos 2011, os mércores 10,17 e 24 deste mes de agosto.

Nestas tres xornadas, a programación incluirá as seguintes obras conematográficas, todas elas en versión orixinal e subtituladas o castelán:

MÉRCORES 10:

– O sal deste mar:
Annemarie Jacir
Palestina / Francia / Suíza / Bélxica / España / Países Baixos, 2008.


Soraya, de 28 anos, nada e criada en Brooklyn, decide volver a instalarse en Palestina, de onde a súa familia se exiliou en 1948. Desde a súa chegada a Ramala, Soraya intenta recuperar o diñeiro que os seus avós tiñan nun banco de Jaffa, pero tropeza coa negativa de a entidade. O seu camiño crúzase entón co de Emad, un mozo palestino que, a diferenza de ela, só desexa unha cousa: irse de alí para sempre.

MÉRCORES 17:

-A miña boneca de trapo:
Shereen Ghieth
Qatar, 2009

Walaa enterra a súa boneca lonxe dos ollos dos demais.  Ten medo do que os turistas buscan nela?  Sabe que o seu medio de vida é máis importante que os seus soños, así que se consola pensando que, se vende bonecas, poderá volver a vivir coma antes, como calquera nena da súa idade.

-Esperando a neve:
Yassine El Idrissi
Marrocos, 2009

Ao igual que moitos nenos de 5 anos en Marrocos, Ismail vive nunha gran pobreza.  Nas profundidades da montaña do Atlas, espera a neve, pero non para gozar con ela coma os outros nenos.  Para el, a neve trae un ingreso familiar vital.

-Baghdad express:
Nimer Rashed
Reino Unido, 2008

Maya soña con ir á escola de moda mentres traballa no restaurante árabe do seu pai en Londres.  Pero cando se ve obrigada a decidir, que é o primeiro, o seu pai ou o seu soño?

MÉRCORES 24:

-Camino a Nahr Al BaredSebastián Talavera
España, 2009

A película narra a vida nun campo de refuxiados palestinos a través dos testemuños de cinco dos seus habitantes, de idades comprendidas entre os 9 e os 62 anos.  As palabras de Yaser, Izar, Ali, Raed y Mustafá reflexan o día a día de 35.000 persoas.

Os mércores 10,17 e 24 de agosto son os días adicados ó cine no Festival dos Abrazos. O escenario onde se exporán al películas será a Ruela de Xerusalém, esa placita coñecida porque ten un olivo no centro. O horario será idéntico nas tres ocasións. Todas serán as 22,00 horas.

Categoría: Noticias
Etiquetas: