A nova axencia de localizacións e servizos de produción Localizaciones Audiovisuales de Galicia (LAG), con sedes en A Coruña e Vigo, conta coa primeira base de datos de localizacións online galega, que estará dispoñible este outono no portal www.localizacionesgalicia.com.
Con esta iniciativa, LAG busca crear valor no sector audiovisual galego, ofrecendo unha ferramenta sinxela e práctica que beneficiará ás produtoras que dispoñan de proxectos en fase de preprodución e dando a coñecer o atractivo patrimonio artístico e natural do que goza Galicia, co obxectivo de atraer máis producións nacionais ao noroeste peninsular.
Localizaciones Audiovisuales de Galicia decantouse por implantar na comunidade galega unha fórmula que funcionou noutras rexións de España e do estranxeiro, e que facilitará a presenza en imaxes de Galicia no resto do territorio nacional.
Para isto, LAG iniciou unha campaña para incorporar a súa base de datos inmobles e terreos ubicados en territorio galego de particulares dispostos a alugar as súas propiedades para que sexan utilizadas como escenario en rodaxes de cine, televisión e anuncios publicitarios
Os socios de Localizaciones Audiovisuales de Galicia contan cunha experiencia de dez anos no sector e traballaron localizando e no departamento de produción dalgunhas das películas máis importantes do cine galego da última década
Localizaciones Audiovisuales de Galicia tamén ofrece ás produtoras servicios de scouting e
servizos de xestión de produción.