25 TRABALLOS COMPETIRÁN NO IV FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU

29 / 08 / 2011

Do 5 al 10 de setembro celebrarase o IV Festival Internacional de Cortometrajes de Bueu, producido por Melodía Visual para a Concellería de Cultura do Concello, co patrocinio da Fundación Novas. Competirán no certame 25 traballos procedentes de 14 países.

Concurriron á convocatoria do festival 575 producións de máis de 40 países, entre as que foron seleccionadas 25 finalistas, procedentes de 14 países. A lista inclúe os traballos españois Dúas letras, de Eloy Varela, Khorosho, de Miguel Angel Jiménez, ¿De qué se ríen las hienas?, de Javier Veiga, Morir cada día, de Aitor Echeverría, Tres razones, de Enrique García, El coito te nubla, de Guillermo Alvarez, Dicen, de Alauda Ruiz de Azúa, e En la próxima parada, de Luis Francisco Pérez. Os seus rivais serán os belgas Tabú, de Vincent Coen e Jean-Julien Collette, e Le maillot de Cristiano, de Vincent Bruno, a coprodución entre Armenia e Francia Le piano, de Lévon Minasian, os alemáns I Don’t Feel Like Dancing, de Joachim Dollhopf, Seppi & Hias, de Emre Koca, Wags, Wives and Girlfriends, de Evi Goldbrunner e Joachim Dollhopf, e Wie Immer, de Zubin Sethna, a coprodución entre Alemaña e Rumanía Silent River, de Anca Miruna Lazarescu, a coprodución entre Turquía e Alemaña Reise ohne rückkehr, de Güclü Yaman, o turco Bisqilet, de Serhat Karaaslan, o esloveno Stripburger v Gibanju, de Boris Dolenc, o ucraniano Not Scared, de Kateryna Naumenko, o polaco Esterhazy, de Izabela Plicinska, ol italiano Pizzangrillo, de Marco Gianfreda, o británico Fixing Luka, de Jessica Ashman, o arxelino Garagoutz, de Abdenour Zahzah, e o arxentino Nena, de María Florencia Alvarez.

As obras escollidas para o festival proxectaranse do 5 ao 9 de setembro no Centro Social do Mar de Bueu, en sesións gratuítas ás 21:30 horas, e optarán a 15 premios, catro deles con dotación económica. Así, as dúas mellores curtas a xuicio do xurado recibirán 2.000 e 1.000 euros, respectivamente, e a mellor curta galega, 500 euros, o mesmo que a curta que gañe o premio do público. Todos estes galardóns van acompañados de trofeo. Ademais, concederanse diplomas nos apartados de mellor director, guión, actriz, actor, fotografía, dirección artística, vestiario, maquillaxe/perruquería, son, montaxe e música. O xurado integrarano Severiano Casalderrey, director do festival Anirmau de Lalín, o guionista, montador e realizador Gaspar Broullón, Mely López, directora e programadora do Cine Club Lumière, e a fotógrafa e directora de fotografía Eva Díez.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: