A miniserie de tv producida por Ficción Producciones para Televisión de Galicia, MAR LIBRE, será a proxeción que clausure as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia, Xociviga, que dende hai 28 anos se celebran no Carballiño por iniciativa do Cine Clube deste concello, un dos máis antigos y constantes de Galicia.
A proxección terá lugar hoxe martes 13 de setembro, ás 23:00 hs no Auditorio Municipal do Carballiño, no marco da Gala de Clausura desta 28ª edición, e a ela asistirán os Directores de Ficción Producciones, Julio Casal e Mamen Quintas, produtores executivos de MAR LIBRE, o seu director, Dani de la Torre, Luís Zahera –protagonista-, e Xosé Barato.
Esta miniserie galega, coproducida por TVG, está sendo un referente internacional da producción audiovisual de Galicia, sendo seleccionada para os máis significativos Festivais Internacionais, sendo galardoado en varios deles.
A miniserie está protagonizada por María Vázquez e Luís Zahera, e é a primeira produción audiovisual galega que amosa, a través dun relato épico, o que a industria da salazón na costa galega significou no devir histórico do noso país.
MAR LIBRE, é unha miniserie de dous capítulos gravada en alta definición. Dirixida por Dani de la Torre e íntegramente fotografada en escenarios naturais, Mar Libre nace da necesidade de contar un cacho agochado da nosa historia. No contexto da industria da salazón do peixe na costa gallega, un heroe do pobo, encabeza unha loita pola vida e a liberdade.