O CINE EXPERIMENTAL ESPAÑOL, BILL MORRISON, O CINE FRANCÉS E O CINE CIENTÍFICO, NA PROGRAMACIÓN DO CGAI ATA NOVEMBRO

15 / 09 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) retoma a súa programación cinematográfica na súa sede de A Coruña, tralo parentese estival, hoxe xoves, 15 de setembro. Ata finais de outubro programará ciclos adicados ao cine experimental español, Bill Morrison, o cine francés e o cine científico. Tampouco faltarán as seccións habituais Fóra de serie, Off Galicia e CGAI Júnior..

Retómase a programación co filme español Pa negre, de Agustí Villaronga, gran triunfador nos pasados premios Goya. Do 16 deste mes ao 4 de outubro, a entidade galega vai programar o ciclo de cine francés “Foules sentimentales” en colaboración coa Alianza Francesa da Coruña, composto por nove títulos galos recentes que presentan distintas historias que contribúen a envolver ao espectador nunha voráxine de sentimentos. Son Tournée, de Mathieu Amalric, Les toits de Paris, de Hiner Saleem, Un cuento de Navidad, de Arnaud Desplechin, La fille du RER, de André Téchiné, Una mujer en Africa, de Claire Denis, Le roi de l’évasion, de Alain Guiraudie, La cuestión humana, de Nicolas Klotz, L’autre, de Patrick-Mario Bernarde e Pierre Trividic, e Villa Amalia, de Benoît Jacquot. Os días 5 e 6 de outubro, el CGAI centrará a súa atención na figura do cineasta experimental estadounidense Bill Morrison. Aproveitando a presencia en España deste mestre do apropiacionismo de imaxes (found footage), ofreceranse un programa de curtas e a súa longametraxe Spark of Being (2010). Presentaraos en persoa o autor, quen tamén participará nun coloquio co público. Pola súa parte, do 13 ao 21 de outubro recalará no CGAI «Del éxtasis al arrebato: 50 años del otro cine español», a mostra itinerante organizada polo Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB) e Acción Cultural Española (AC/E), coa colaboración da Filmoteca de Catalunya, que, en seis sesións, reúne 44 pezas de cine experimental realizado no noso país desde a década dos 50 ata a actualidade, incluíndo Arrebato, de Iván Zulueta ou …Ere Erera…, de José Antonio Sistiaga. O ciclo irá precedido do documental Fragmentos para una historia del otro cine español, de Andrés Hispano.

Como colofón á programación de outubro, do 25 ao 28 la Filmoteca acollerá algunhas proxeccións e actividades da IV Mostra de Ciencia e Cinema de A Coruña. En canto ás seccións regulares do CGAI, «Fóra de serie», reservada a estreas, van programar ao longo deste mes e medio títulos recentes como o xa citado Pa negre, Women Without Men, de Shirin Neshat, Carlos, de Olivier Assayas, e Free Radicals: A History of Experimental Cinema, de Pip Chodorov. Ademais, conmemorarase o centenario do escritor Alvaro Cunqueiro co pase de Galicia (Claudio Guerín Hill, 1966) e Os outros feirantes: Ovérdugo (Antón Dobao, 1989). En canto a «Off Galicia», a sección reservada ao audiovisual galego, que se programa os sábados, dedicará sendas sesións á animación (con Birdboy, de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, e Gato encerrado, de Peque Varela), ao Festival Freakemacine 2.0 (cunha selección de curtas de dito certame, integrada por El ataque de los robots de Nebulosa-5, Jack, Brutal Relax, Les bessones del carrer de Ponent, Dolorosa, Jugando con la muerte, Por gloria divina e La terrible malédiction), a Alberte Pagán (con Asahra Hurratun!, Puilha 17 Janeiro 2010 15:33 horas e Eclipse), á celebración do Día Mundial da Arquitectura (con Unha viaxe por… 1929-2009, de Pablo Gallego), a Borja Mucientes e Sergio Pena (con Bosque e Amor ansioso) e a Jorge Gil (con Ferrol 1936). Tódolos traballos serán presentados polos seus directores. Por último, en «CGAI Junior», o apartado de programación dedicado aos nenos, verase o filme de Hayao Miyazaki Niky, la aprendiz de bruja, o próximo 22 de outubro, xunto a unha proposta elaborada por alumnos dun colexio catalán, Elogio de la escuela.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: