“Todo segue igual” é o título do capítulo 49 da serie “Matalobos”, primeiro da nova tempada e que emitirá a Televisión de Galicia o próximo martes, en horario de máxima audiencia (22.30 horas). Xusto antes (22.00 horas), chegará á TVG a primeira entrega de «15 Zona: Cerco ós Matalobos», un programa no que a Garda Civil explica, en primeira persoa, a función dos seus distintos efectivos, na loita contra o narcotráfico. Esta semana, saberemos un pouco máis sobre a función dos Postos de Mando da Garda Civil.
Fai xa un ano, a serie Matalobos despedíase da grella da Televisión de Galicia cunha promesa do seu protagonista, Carmelo Matalobos. O capo ameazaba dende o cárcere con volver ás andadas… e esa promesa vaise cumprir este martes. O xefe dos Matalobos sairá do cárcere, para deleite dos seus fans e temor dos seus inimigos. A tempada sorprenderá con novos personaxes e novas tramas, que levarán un paso máis alá, a loita entre narcotraficantes e Garda Civil. Unha loita que arrancou nas praias, nas descargas e que nesta tempada se trasladará aos portos.
Para os habitantes de Sardiñeira pasaron cinco años, desde que Carmelo ingresou en prisión. E agora que vai recobrar a liberdade, o narco deberá poñerse ao día. A súa saída do cárcere, darase conta de que o seu mundo cambiou. A súa familia perdeu o pazo familiar, agora en mans de Mateo Veloso e a súa muller, Vanesa Viaño, pais dun bebé chamado Sindo. A súa nai, dona Carme, viuse obrigada a mudarse a un humilde piso na cidade.
A Guardia Civil traballa en novos operativos antidroga. Precisamente, a excarcelación de Carmelo pillaraos traballando na desarticulación dunha operación na que parece estar involucrado o clan dos Veloso, que reina agora en Sardiñeira. A partir de agora, os Matalobos e Veloso vivirán un novo enfrontamento polo poder; o que Mateo non quere perder, e o que Carmelo quere recuperar.
No posto da Garda Civil en Sardiñeira tamén houbo cambios. Táboas, Mosteiro e Seijas foron ascendidos, e todos continúan en activo na súa loita contra o narcotráfico. Ademais, os corpos sen vida de Marcos Matalobos e Sara Campos aínda non apareceron e resolver o seu asasinato converteuse nunha cuestión persoal para todos eles. Carmelo Matalobos promete ser, de novo, a súa maior preocupación.
15 Zona: Cerco ós Matalobos
Este martes, a TVG estreará, xusto antes do capítulo de Matalobos, o programa 15 Zona: Cerco ós Matalobos (22.00 horas). O espazo, narrado polos propios axentes e ilustrado con imaxes da serie Matalobos, está dedicado á estrutura de Postos de Mando da Garda Civil en Galicia; descubriremos tamén o proceso que desenvolve cada uno destes postos de mando, cando arrincan unha investigación.
De serie de culto a líder de audiencia.