Do 3 ao 5 de novembro terá lugar na Facultade de Historia de Santiago o III Congreso Internacional de Historia y Cine. Modelos de interpretación para el cine histórico, contará coa asistencia do profesor Robert Rosenstone do Instituto Tecnológico de California, o profesor José Antonio Pérez Bowie da Universidade de Salamanca, ou M. Bertrand Tavernier cuxos filmes serán proxectados ao longo do congreso.
Organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Barcelona, a Universidade Carlos III de Madrid e o Proxecto de Investigación “Modelos de interpretación no cine histórico español” e dirixido polo catedrático de Historia da Arte da USC, Ángel Luís Hueso, o prazo de inscripción remata o vindeiro venres día 21 de outubro.
Tedes toda a información no arquivo adxunto.