Hoxe arranca, co pase de La voz dormida, o 16º Festival de Cine Internacional de Ourense, que se desenvolverá ata o día 23 en distintos espacios da cidade. Baixo o lema «!Te toca!», o OUFF 2011 contará con 118 películas nos cinco apartados da súa competición oficial, e con diversos ciclos paralelos, incluíndo o tradicional Panorama Galicia e a sección OUFF Escola. Ás proxeccións sumaranse diversas actividades complementarias, coma o foro Imagina Atlántica. Este ano, a aposta pasa por implicar aos espectadores.
Un dos eixes centrais do festival será a súa sección oficial competitiva, que se estructura en cinco apartados para os que foron seleccionados 118 traballos de 45 países, entre os preto de 2.000 de todo o mundo que se inscribiron durante a convocatoria. No de longametraxes participarán 10 títulos, ningún deles español. Son as alemanas Vergiss dein ende, de Andreas Kannengießer, e Das lied in mir, de Florian Cossen, a suíza 180º, de Cihan Inan, a rusa Siberia, mon amour, de Slava Ross, a búlgara Podslon, de Dragomir Sholev, a coprodución entre Serbia, Rumanía e Austria Ako Zrno Ne Umre, de Sinisa Dragin, a franco-arxelina Quelques jours de répit, de Amor Hakkar, a arxentina Fase 7, de Nicolás Goldbart, a estadounidense The Off Hours, de Megan Griffiths, e a iraní Marham, de Alireza Davoodnejad. Na categoría de documentais, con 13 finalistas, exhibiranse os españois La broma infinita, de David Muñoz, e Radiografía dun autor de tebeos, de Marcos Nine, o hispano-brasileño Brasil somos nós, de Robert Bellsolá, e o hispano-estadounidense Odysseus’ Gambit, de Alex Lora. Os seus rivais serán o italiano Almost Married, o francés Pandore, o británico The Boy Mir – Ten Years In Afghanistan, a coprodución entre Holanda e Bélxica Smakelijk Eten! Hoe Voedsel De Wereld Verandert, o suizo-estadounidense An African Election, o xermano-iraní The Green Wave, a coprodución entre Chile, Francia, Cuba e Holanda El edificio de los chilenos, a coprodución entre Panamá e Arxentina Empleadas y patrones, e o chileno Ojos rojos. Na categoría de animación competirán 29 obras, entre elas as españolas Amár, de Isabel Herguera, Birdboy, de Pedro Rivero e Alberto Vázquez, En algún camino, de Felipe Rojas, Vicenta, de Sam, e a coprodución con Arxentina Gato encerrado, de Peque Varela. Na competición de curtas de ficción, entre as 45 seleccionadas este ano figuran 13 españolas: ¡Al quinto!, de Ignacio Estaregui, Amistad, de Alejandro Marzoa, De balas y gatillos, de Jorge Cassinello, El grifo, de Denis Rovira, Garabolis, de Alfredo Pardo, Je déteste, de Juan Manuel Aragón, La huída, de Víctor Carrey, La importancia de ser Ornesto, de Nacho Sinova, Matar a un niño, de César e José Esteban Alenda, ¿Te vas?, de Cristina Molino, Tourettes, de Martín Fiallega, Una historia sin palabras, de Pepe Carrasco, e Ventura, de Diego Pérez. Por último, no apartado de novos media participan 21 obras, entre elas as españolas Back, de Vicent Gisbert, Canto de permanencia, de Carlos Seijo, e Ich allein auf fremde Wegen (Yo en caminos ajenos), de Félix Fernández. Como novidade, as finalistas nesta última categoría serán exhibidas por primeira vez no Museo Municipal e de maneira gratuíta, nun esforzo por repensar a forma de chegar ao gran público.
O OUFF 2011 abrirase hoxe no Auditorio Teatro Municipal, co pase de La voz dormida, de Benito Zambrano, e clausurarase o día 22 no mesmo recinto coa entrega de galardóns e o pase da coprodución entre México e Galicia Años después, de Laura Gardos. Este ano o evento reduce de forma sustancial os seus ciclos temáticos, que se limitan a cinco, para que o espectador poida acudir a tódalas sesións que se propoñen. Un deles centrarase na comedia, e combinará longametraxes coma a francesa Potiche, de François Ozon, a suíza Le jeu de l’amour et du hasard, de Elena Hazanov, e a coprodución entre Suíza, Canadá e Francia Operation Casablanca, de Laurent Nègre, con curtas españolas como La última secuencia, El hijoputa, Aunque todo vaya mal, Hazte amigo de las gordas, No tengo ropa, Dos homes e un suicidio, Un novio de mierda e Nadie tiene la culpa. Outro ciclo xirará en torno á igualdade, e englobará unha ampla temática referida a identidade, xénero e violencia contra minorías étnicas, sexuais ou relixiosas. A selección inclúe dúas longametraxes (a canadense 2 fois une femme, de François Delisle, e a brasileira Como esquecer, de Maul de Martino), catro documentais (os israelíes Love Davka, de Rona Soffer, e I Shot my Love, de Tomer Heymann, o belga 9 Ter, de Celine Darmayan e Origan Cannella, e o español Madres 0,15 el minuto, de Marina Seresesky) e dúas curtas (as españolass Dicen e A los que gritan). Tamén volve un dos clásicos do OUFF, o ciclo «Visiones de América Latina», co filme chileno-arxentino Mi último round, de Julio Jorquera, o argentino Carancho, de Pablo Trapero, o mexicano Abel, de Diego Luna, a coprodución chileno-estadounidense Gatos viejos, de Pedro Peirano e Sebastián Silva, e unha selección de curtas da Escuela de Cine e Televisión de San Antonio dos Baños (EICTV) de Cuba, con motivo dos seus 25 anos. Pola súa parte, o ciclo «Visións da Europa Atlántica» ofrecerá o último traballo de Montxo Armendáriz, No tengas miedo, e o filme francés Welcome, de Philippe Lioret. En canto a Panorama Galicia, ofrecerá o máis destacado da produción audiovisual do año anterior na Comunidade. Trátase dun ciclo articulado en torno a diferentes sesións: Recordos (cun traballo de Antonio Caeiro, Esta noite, velada, e A contracorrente, vida e morte de Luis Trigo, de Manu Viqueira), Mr. Misto (con traballos desa produtora e distribuidora galega como Campás, Paixón, Cariño 1941, Pantín Classic, Peregrinos sen retorno, Melodía ártabra y Radiopatio), Naturaleza (con dúas xoias do cine submarino), Curtas (con títulos como Un día normal, Leo y Mario (se dejan), Estereoscopía, As damas negras e O show de…), Experimental (con pezas como Manuscritos pompeianos, Síntesis de amor orgánico, Finis Gloriae Mundi, Checkout, Armadiña Rock ou Bosque), Documentais (con Aurelia, Canciones de piedra e El mono Paco), e Feito en Ourense, como plataforma dos novos realizadores locais (con Tú en mí, O sol nos chaos, Cuentos al cubo, Nosotras e Mujer, arte y creatividad). Polo demais, programaranse varias sesións especiais coos traballos galegos Eduardo Barreiros, o Henry Ford español, de Simón Casal, A casa da luz, de Carlos Amil, e El perro azul. Vida y obra de Xaime Quessada, de Yago Quesada. Outra dedicarase ao Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), con motivo dos seus 20 anos de vida. Por ese motivo, ofrecerase unha selección de curtos dirixidas por galegos ilustres, como Finisterrae Galicia (Carlos Velo), Retorno a Tagen Ata (Eloy Lozano), Mamasunción (Chano Piñeiro), Viuda Gómez (Xavier Villaverde), Contar (Teo Manuel Abad) e O Matachín (Jorge Coira). Todas estas proxeccións repartiranse por distintas salas da cidade, como o Auditorio e Museo Municipal, o Teatro Principal e, sobre todo, os cines Cinebox. Polo demais, o festival galego programará diversas actividades para profesionais. Sobresae o foro Imagina Atlántica, que se levará a cabo os días 13 e 14 de outubro, e que contará con la participación de representantes do Festival de Cine Francófono de Angoulême, do Festival de Cine de Países del Pacífico Sur ou do Festival Internacional de Banda Diseñada de Angoulême, entre outros. Ademais, terán lugar, os días 18 e 19, charlas-coloquio sobre a propiedade intelectual e os Creative Commons (a cargo do avogado experto en propiedade intelectual David Bravo), as novas narrativas para novos medios (pola produtora de contidos dixitais María Yáñez), a comercialización de contidos na rede (por Jaume Ripoll, que está ao fronte da web de cine online Filmin) e as webseries (por David Sáinz e Teresa Segura, de Malviviendo). Así mesmo, haberá durante o festival, que conta con un presuposto de 400.000 euros, diversos encontros co público de directores, produtores e actores das películas seleccionadas. Serán na carpa do centro comercial Ponte Vella, que funcionará como punto de reunión para as figuras que se citen en el Festival de Cine Internacional de Ourense.