Do 29 de outubro ao 26 de novembro, tódolos sábados de 11.00 a 14.00h terá lugar o curso de cine de animación e efectos especiais utilizando a técnica stop-motion/pixilation, para usuarios de Windows, mac e Linux, impartido por Tonecho Otero, director de Ludidáctica.
Neste obradoiro, aprenderanse diversas técnicas de animación stpo-motion (foto a foto) e de efectos especiais, así como será unha iniciación á edición de vídeo dixital con OpenShot Video Editor.
Tedes máis información no arquivo adxunto así como na web http://www.macuf.es/htdocs/actividades_curso_criaturasMutantes.html