A REDE CEMIT DA XUNTA CONVOCA O I CONCURSO DE CURTAS CO MÓBIL

17 / 11 / 2011

A rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, rede CeMIT, por iniciativa das aulas CeMIT dos concellos de Vimianzo e Abegondo, convoca o I Concurso de Curtas Realizadas co Móbil, dirixido a xoves matriculados na ESO ou en Bachiller dos centros educativos galegos. O prazo de presentación de obras está aberto ata o 29 de febreiro.

Este I Concurso de Curtas Realizadas co Móbil, que se convoca por primeira vez na administración autonómica a través do Facebook da web de Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica, www.facebook.com/imitxunta, pretende espertar a creatividade audiovisual dos estudiantes galegos, e fomentar o traballo en equipo. Poderán participar nel os xoves de ESO e Bachiller dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan entre 14 e 20 anos, con curtas orixinais cuxa temática exprese valores e ideas relacionados coas funcionalidades que ofrece a rede de aulas CeMIT dos distintos concellos e comarcas, como referente no acceso á formación en novas tecnoloxías e o seu impacto na vida cotiá. Os estudantes que desexen participar nesta iniciativa contarán coa axuda activa da comunidade educativa e dos responsables das aulas CeMIT. Así, neste programa implícase tanto ao alumnado -como creador das curtametraxes-, como aos centros educativos -como titores dos alumnos participantes e facilitadores das inscripcións das curtas que os representarán-, e aos responsables das aulas CeMIT, que se encargarán da difusión, resolución de dúbidas, validación e recollida das inscripcións e traballos presentados ao concurso.

Unha vez recollidas, ata o 29 de febreiro de 2012, tódolos vídeos participantes, subiranse a internet para someterse á votación mediante o sistema «Me gusta» de Facebook a partir do 7 de marzo de 2012. Tanto os alumnos das obras seleccionadas como o centro educativo ao que representan poderán optar a unha serie de premios, tanto a nivel provincial como autonómico. Os alumnos e centros educativos interesados en participar neste concurso poderán inscribirse na aula CeMIT máis próxima ou a través da web www.cemit.xunta.es. As bases completas da iniciativa poderán consultarse na web citada.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: