O FESTIVAL AMAL ORGANIZARÁ UNHA MOSTRA DE CINE EUROÁRABE NO MACUF DE A CORUÑA

18 / 11 / 2011

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa inicia o vindeiro xoves, 24 de novembro, a Mostra Amal, un ciclo de cine árabe que ofrecerá longametraxes xa exhibidos durante o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal. A programación inclúe dez longametraxes, cinco filmes de fición e cinco documentais, de orixe ou temática árabe:

Xoves 24 de novembro

18:00 horas_CHECKPOINT ROCK: CANCIONES DESDE PALESTINA
19:30 horas_EL CAMINO A LA MECA
21:15 horas_LA SAL DE ESTE MAR

Venres 25 de novembro
18:00 horas_LA CASA AMARILLA
19:30 horas_BAB’AZIZ. EL SABIO SUFÍ
21:15 horas_EL PUEBLO DE UN SOLO HOMBRE

Sábado 26 de novembro
18:00 horas_¿TE ACUERDAS DE ADIL?
19:30 horas_DOMICILIO PRIVADO
21:15 horas_LOS CONDENADOS DEL MAR
22:30 horas_SHOOTING MUHAMMAD

Festival Internacional de Cine Euroárabe AMAL

As mostras AMAL pretenden fomentar a multiculturalidade e ofrecer, a disposición das distintas entidades e institucións, a posibilidade de programar ciclos de filmes exhibidos con anterioridade no Festival. A iniciativa, posta en marcha en 2010, xa se desenvolveu en Palestina, Bos Aires e Vigo.

AMAL é un espacio para o entendemento entre a cultura árabe e a europea, unha oportunidade para achegar dous mundos distantes a través da linguaxe máis universal: o cinema. O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, que iniciou a súa andadura no 2003 coma unha mostra de cinema árabe, consolidouse coma un dos festivais clave no circuito audiovisual en Galicia, e con cada edición aumenta a súa repercusión tanto en número de espectadores como de participantes.

AMAL ten como obxectivo contribuir ao enriquecemento do panorama cultural en Galicia, fomentando a interculturalidade e a innovación en beneficio de toda a sociedade. As Mostras AMAL queren facer chegar aos espectadores unha visión diferente sobre a realidade do mundo árabe.

A finais do mes de outubro, o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa xa acolleu o ciclo de cinema Amal Experimental, una aposta novedosa do Festival que, en colaboración cos museos de arte contemporánea galegos, presentou ao público galego curtametraxes independentes de carácter experimental.

 

Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa

GAS NATURAL FENOSA apoia e difunde a extensa actividade do seu Museo de Arte Contemporánea tanto en Galicia, sede deste espacio expositivo, como alí onde a compañía desenvolve a súa actividade empresarial. A empresa enerxética aposta actualmente por exportar o amplo abano de opcións expositivas que oferta o Museo de Arte Contemporánea e permitir que as obras expostas podan ser contempladas por públicos diversos.

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa desenvolve, ademáis, un amplo programa de actividades culturais, educativas, sociais e artísticas, e a súa colección permanente representa tódolos formatos posibles, dende o óleo ate a video-instalación, así como os vectores estilísticos máis en auxe dentro da recente historia da arte ibérica. Ademáis de autores galegos de especial relieve, a colección abarca tamén figuras clave da actual plástica española, con clásicos como Rafael Canogar o Modest Cuixart e talentos máis mozos como Joan Fontcuberta, Jaume Plensa, Isabel Muñoz ou Chema Madoz.

Categoría: Noticias
Etiquetas: