REMATA O CICLO AO NORDÉS, CUNHA PROXECCIÓN ESPECIAL, ADICADA Á MONTAÑA

29 / 11 / 2011

O Cineclube Padre Feijoo, quere rendir un especial homenaxe, ao Clube Alpino Ourensán, polo seu corenta aniversario, coa proxección de “Tocando el vacio” (Touching The Void) de Kevin McDonald.

Producción británica, baseada en feitos reais, que documenta a historia de dous montañeiros; Joe Simpson e Simon Yates, na súa ascensión á montaña do espectacular Siula Grande, un pico peruano de máis de 6 mil metros de altura, cando un deles rompe unha perna, e o seu compañeiro tenta baixalo, a un lugar seguro, -mais- as cousas non resultan tan fáciles.

• Mércores, 30 de novembro de 2011.

Os pases, como vén sendo habitual, serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella, Av. Ribeira Sacra, 50), e os bonos-axuda serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario e parados).

As sesións son en versión orixinal, con subtítulos en castelán.

Tocando el vacio (Touching The Void)

Reino Unido, 2003.

Cor, 106 min.

Director: Kevin Macdonald.

Producción: FilmFour / UK Film Council / Channel 4 / PBS .

Guión: Joe Simpson (Novela: Joe Simpson).

Música: Alex Heffes.

Fotografía:Mike Eley .

Dolby, VO Inglés, con subtítulos en castelán.

Documental, baseado en feitos reais.

Para o ciclo contouse co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, a Federación de Cineclubes de Galicia, e o Instituto Iberoamericano de Finlandia.

Categoría: Noticias
Etiquetas: