O próximo xoves 22 de decembro terá lugar no Auditorio de Mera a estrea da nova tvmovie producida por Adivina en coprodución coa TVG, “A pesar de todo quérote”.
O filme, que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), foi rodada nos concellos de Oleiros, Cambre, Arteixo, Lugo e A Coruña, e narra a dramática historia de amor dun grupo de xóvenes.
A proxección contará coa presencia do seu director, Jorge Algora, da produtora executiva Susana Maceiras, e dos actores do filme Christian Escuredo, Déborah Vukusic, Rubén Prieto, Lúa Testa, Belén Constenla, Rosa Álvarez e Alfonso Agra.
O acto, que conta coa colaboración do Concello de Oleiros e Gadis, celebrarase no Auditorio Gabriel García Márquez, Rúa do Xabre, Mera, (Oleiros) o xoves 22 de decembro ás 20.00h.