O CGAI PROXECTA ROAD TO NOWHERE ESTA TARDE

16 / 12 / 2011

Hoxe, venres 16 de decembro, ás 18 e 20.45 h, o Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta Road to Nowhere, de Monte Hellman. A tradicional separación entre cine de xénero e cine de autor debería desterrarse para sempre. As diferencias canónicas establecidas nos manuais de cine xa non son operativas. En realidade, non o son desde fai moito tempo, pero bastaría co exemplo da serie de películas filmadas nos últimos anos que conforman o ciclo Xéneros mutantes, películas que parecen responder a un único interrogante: como aborda os xéneros clásicos o novo cine de autor? Este é o plantexamento dol ciclo, amosar un grupo de películas contemporáneas que desde o cine independente, cos seus medios, polo tanto, pero tamén desde unha perspectiva inequivocamente autoral atrevense a abordar os xéneros e, en moitos casos, darlles a volta.

Venres 16 de decembro (18.00 e 20.45 horas)
ROAD TO NOWHERE    
Monte Hellman, 2010. Con Shannyn Sossamon, Tygh Runyan, Cliff de Young. 121’.   
Cine dentro de cine ou o cinematógrafo mesmo como artificio da trama nun filme dirixido polo lendario director de culto estadounidense Monte Hellman, autor da maxistral Carretera asfaltada en dos direcciones (1971). Un intenso director atópase inmerso na preparación da rodaxe dunha película baseada nun crime real e recibe a visita dunha moza misteriosa con aterrador parecido coa femme fatale da obra. Un thriller (Sección Oficial Festival de Venecia 2010) onde a obsesión e a intriga xogan un papel fundamental, levando a acción das Smoky Mountains de Carolina del Norte a Verona, Roma e Londres.

Categoría: Noticias
Etiquetas: