MAÑÁ, PROXECCIÓN DE ¡QUÉ BELLO ES VIVIR! NO CGAI

16 / 12 / 2011

Mañá sábado 17 de decembro ás 18.00h dentro de CGAI Júnior, proxectarase o film de Frank Capra ¡Qué bello es vivir!. A entrada é gratuíta.

IT’S A WONDERFUL LIFE / ¡QUÉ BELLO ES VIVIR! /
(Estados Unidos, 1946)
Dirección: Frank Capra. Guión: Frances Goodrich, Albert Hackett e Frank Capra, coa colaboración de Jo Swerling e Michael Wilson. Produción: Liberty Films. Fotografía: Joseph Biroc e Joseph Walker. Intérpretes: James Stewart, Donna Reed, Lionel Barrymore. Duración: 130 minutos.  
George Bailey é un cidadán común que saca adiante como pode un pequeno negocio familiar dedicado a conceder empréstitos á xente humilde. En Noiteboa, o tío Billy, socio da empresa, perde oito mil dólares, o que coloca a compañía ao bordo da creba. Bailey, atordado pola situación decide suicidarse pero Clarence, un anxo na procura de méritos para conseguir as súas ás, fai que aconteza algo extraordinario. Clásico do Nadal protagonizado por James Stewart e asinado por Frank Capra, (quen o consideraba o seu mellor filme) retoma, como noutras das súas obras, a idea do heroe-cidadán anónimo. Capra sérvese do drama e da comedia, da traxedia e da fantasía para enxalzar valores como a amizade, o sacrificio, o amor ou o compromiso, todo cunha acaída crítica social como pano de fondo.
Versión orixinal con subtítulos en castelá. A partir dos 10 anos.

Categoría: Noticias
Etiquetas: