OBRADOIRO DE MÚSICA INFANTIL MUNDIMUSICA

27 / 12 / 2011

O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa acolle os domingos alternos entre o 15 de xaneiro e o 26 de febreiro de 12.00 a 14.00h un obradoiro de música infantil chamado Mundimusica, que imparte Kaxe.

Dirixido a nenos entre 6 e 12 anos, o obxectivo do obradoiro é favorecer a comunicación entre pais e fillos mediante o uso da arte contemporánea en xogos e diversas actividades, coa música coma fío conductor dos obradoiros. A música aparecerá sempre en distintas formas, contextos ou situacións, ligada a outras expresións artísticas.

Dende construír instrumentos de forma artesanal (como maracas e pequenos tambores ou güiros), ata conseguir imitar entre todos o son dunha tormenta na selva, sons corporais…

Máis información en:http://www.macuf.es/htdocs/actividades_taller_musica.html

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: