A CRTVG INICIA AS PRIMEIRAS PROBAS PARA A IMPLANTACIÓN DA TELEVISIÓN CONECTADA

29 / 12 / 2011

A CRTVG acaba de iniciar as probas experimentais para a implantación da tecnoloxía híbrida de televisión de banda ancha (HbbTV), máis coñecida como televisión conectada, segundo informou onte Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, no Parlamento de Galicia.

A tv conectada consiste en integrar na pantalla convencional do televisor as aportacións de Internet ata o nivel que se pretenda. Alfonso Sánchez Izquierdo explicou que esta tecnoloxía presenta o valor engadido de que incorpora novos elementos de comunicación (metadatos, soportes complementarios, vídeos, etc), e destacou que, a curto prazo, será compatible co actual sistema de difusión que utiliza a CRTVG, aínda que os seus maiores potencialidades apreciaranse cando estea concluído ool proceso de dixitalización do ente público. Sánchez Izquierdo manifestou que a cadea xa está en contacto cos dous grandes operadores que están lanzando esta nova tecnoloxía en Europa: Abertis e Telefónica

Categoría: Noticias
Etiquetas: