Por segundo ano consecutivo, o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal lanza unha convocatoria dirixida ao alumnado da USC para que entre a formar parte do Xurado de Preselección da próxima edición. Este ano 2012 Amal celebrará a súa décima edición; sen dúbida, serán moitas e moi diversas as películas que se inscribirán e quererán participar. O Xurado de preselección deberá visionar tódalas películas, longas e curtametraxes, e realizar a selección das obras que se incluirán en selección oficial da X edición. O Festival convoca a universitarios e universitarias para que eles tamén teñan voz en Amal. Unha ocasión única de coñecer un festival de cine dende dentro e de descubrir a cultura árabe dun modo diferente. O ano pasado, Ariadna G. Chas, Gael Carballo Seara e Cristina Lliteras Llompart, estudiantes de Comunicación Audiovisual e Periodismo, foron seleccionados para esta experiencia, xunto a profesionais do audiovisual galego, ao director de Amal, Ghaleb Jaber Martínez, e a varios membros do equipo do festival.
Os interesados en formar parte do Xurado de preselección do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, deberán enviar o seu currículum, unha foto e unha carta de motivación á atención de Coralie Yap-Chine (coordinadora de Amal) a formacion@araguaney.com. O prazo de presentación desta solicitude será ata o venres 10 de febreiro de 2012. Valorarase o interese mostrado polo cine e a cultura árabe, así como o dominio do inglés e do francés.
O FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE EUROÁRABE AMAL COMEZA A PREPARAR A SÚA X EDICIÓN
Categoría: Noticias
Etiquetas: