O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta hoxe sábado día 4 de febreiro (18.00 horas) a longametraxe galega SINBAD (2011) de Antón Dobao, versión fílmica da narración de Álvaro Cunqueiro. O autor, malia o seu desexo, non poderá estar finalmente presente. A entrada é gratuíta.
SINBAD
(España, 2011)
Dirección e guión: Antón Dobao, sobre a narración de Álvaro Cunqueiro. Produción: Ficción Producciones e TVG. Fotografía: Suso Bello. Intérpretes: Xosé Olveira «Pico», Sara Casasnovas, Mariña Sampedro. Duración: 93 minutos.
Longametraxe galega que tivo estrea en salas comerciais, unha adaptación da narración homónima de Álvaro Cunqueiro como homenaxe con motivo do centenario do nacemento do literato. Sinbad é un extraordinario fabulador, un home que fai participar aos seus interlocutores das experiencias das súas viaxes pasadas, reais ou imaxinarias. Comparte os seus coñecementos fantásticos cos seus compañeiros diarios de café e dominó na tasca propiedade de Mansur, un viúvo que ten ao seu cargo unha fila, Sara, de entre dez e trece anos. Sinbad mantén con Sara unha relación moi estreita e afectuosa. Gústalle conversar con ela e contar historias fantásticas. Acompañaa á escola, ensinalle o mar e as estrelas, comparte con ela os seus mapas, etc. Sara é a mellor receptora de todas as historias de Sinbad.