JOSEFINA MOLINA, GOYA DE HONRA 2012, ESTARÁ MAÑÁ EN A CORUÑA

16 / 02 / 2012

A Academia Galega do Audiovisual en virtude da colaboración establecida o pasado 2011 coa Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, organiza maña venres, día 24 de febreiro un coloquio coa cineasta e Goya de Honra 2012 Josefina Molina. Previamente á charla proxectarase o seu filme “Esquilache” (1988).

Na presentación do acto estarán o Vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual, Jorge Coira; a Concelleira de Cultura de A Coruña, Ana Fernández; e a directora e homenaxeada Josefina Molina.

O coloquio, moderado pola produtora e delegada de CIMA en Galicia Chelo Loureiro, terá lugar nas instalacións do Auditorio do Centro Ágora en A Coruña a partir das 16.30 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo. 

 Agradeceríamos que os interesados achegasen cuberto o formulario de inscrición adxunto.

Categoría: Noticias
Etiquetas: