HOMENAXE BENJAMÍN JARTÍN MAÑÁ NO CGAI

17 / 02 / 2012

O Centro Galego de Artes da Imaxe homenaxea mañá sábado a un proxeccionista recentemente falecido, Benjamín Jartín (Meira, 1926-A Coruña, 2011) cunha mesa redonda como tributo tanto á súa persoa como ao oficio de proxeccionista. Complementado pola proxección dun documental no que aparece, Salón París: 90 anos de soños (2001) de Alejandro Villodas, o acto contará coa presenza de Raquel Seoane, viúva de Jartín; Pepe Coira, historiador, guionista e produtor, antigo director do CGAI; Jaime Pita, profesor, ex político, propietario durante anos do Cine Alfonsetti de Betanzos e amigo de Jartín; Luis Seoane Seijas, antigo xerente da cadena de cines Fraga en A Coruña, oonde desenvolvía a súa actividade Jartín e Guillermo Escrigas, director do CGAI. A entrada é gratuíta. SALÓN PARÍS. 90 ANOS DE SOÑOS   

(España, 2001)
Dirección, guión e produción: Alejandro Villodas. Duración: 25 minutos.  
Tras 90 anos de proxecións ininterrumpidas pecha a sala de cine París de Coruña, unha das salas de exhibición mais antigas de españa en novembro de 1999. A través de testemuñas e vivencias dos que alí traballaron, achegamonos á historia desta sala de cine. Homenaxe a Benjamín Jartín, proxeccionista e mestre de proxeccionistas recentemente falecido.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: