Hoxe, mércores 22 de Febreiro a partires das 19.30 h comeza no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) en Santiago de Compostela, a terceira edición do MUFEST (Festival de Cine feito por Mulleres) organizado pola Asociación Andaina de Mulleres.
PROGRAMACIÓN MÉRCORES 22
19.30: Apertura do MUFEST. Presentación a cargo da actriz galega Pilar Pereira.
20.00: Charla sobre directoras portuguesas con Ana Catarina Pereira, xornalista que está a realizar o seu doutorado en Ciencias da Comunicación na Universidade de Beira Interior e especialista en teorías feministas aplicadas ao cinema portugués.
21.15. Estrea en Galiza da curtametraxe inglesa SIS e presentación da man da súa directora Deborah Haywood.
O MUFEST (Festival de cine feito por mulleres) ten como obxectivo promover o crecemento cultural e artístico e o impulso das futuras realizadoras, produtoras e escritoras. O MUFEST apoia a creación de novas obras audiovisuais que amosen novas perspectivas, tanto sociais como culturais, fomentando a diversidade e a visibilidade. Pretendemos ofrecer un espazo de difusión e exhibición onde directoras e produtoras entren en contacto coas súas audiencias.
Xúntase cartaz e programación.
Para máis información: www.andainamulleres.org