GALICIA EN CLIPS NO CENTRO AGORA

9 / 03 / 2012

Hoxe, venres 9 de marzo, ás 20.00h, terá lugar no Centro Ágora da cidade de A Coruña Galicia en Clips como parte das actividades que acompañan á exposición Arde la Calle.

Fernando F. Rego e Pablo Portero presentarán o seu novo libro, «Galicia en clips» un repaso á historia do video musical en terras galegas, un percorrido que vai dende os anos 60 aos nosos días. Na presentación, ademais dos autores do libro, participarán tamén algúns dos músicos protagonistas dos videoclips e haberá unha proxección dos mellores traballos. Unha cita imprescindible para comprobar se o vídeo matou á estrela da radio (ou non).

Tedes máis información en www.ardelacalle.net

Categoría: Noticias
Etiquetas: