Hoxe mércores, día 14 de marzo, ás 19.00 horas, terá lugar a mesa redonda a través de videoconferencia para analizar as claves do éxito do filme «Mientras Duermes» dende a aula 5 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. O acto contará coa presenza de Alberto Marini, guionista da película, o seu director Jaume Balagueró, o presidente da Academia do Cine Catalana, Joan Joel i Juvé e máis a presidenta dos Guionistas Asociados de Catalunya, Sandra Gómez, que intervirá como moderadora.
Se ben o acto terá lugar na Sala Pompou da SGAE en Barcelona, poderase seguir e participar no mesmo a través de videoconferencia.
O acto é totalmente gratuíto e aberto a tódolos públicos.