Diferentes museos da provincia de Lugo proxectarán a semana do 19 ao 23 de marzo unha recompilación de películas do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, xa exhibidas nas tres últimas edicións. O Museo Provincial de Lugo dedicará a semana do 19 ao 23 de Marzo a exhibir películas centradas no Magreb; o Museo Pazo de Tor mostrará cine sobre mulleres; a inmigración será o tema principal das películas proxectadas no museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Provincial do Mar ofrecerá cine para nenos. A entrada ás proxeccións é gratuíta.
Esta cita é unha máis das que adoita organizar o Festival Amal ao longo do ano para achegar o cine euroárabe a diferentes partes de Galicia, de España e do resto do mundo. No primeiro trimestre do 2012, Amal organizou mostras de cine en Palestina, en Madrid e na Coruña para público de todas as idades.
_Museo Provincial de Lugo Temática: Magreb
Luns 19, 19:00 h.: Unha vida curta (15‘) Khalid (15‘) Un día en Smara (24‘).
Martes 20, 19:00 h.: Os condenados do mar (71‘) .
Mércores 21, 19:00 h.: Garagouz (21‘) Bumerán (26 ‘) Al Madina (14 ‘).
Xoves 22, 19:00 h.: Roupa sucia (20’) Goulili (15’) Salah Azzaz (22’).
Venres 23, 19:00 h.: Territorio perdido (75’).
_Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol) Temática: Inmigración
Martes 20, 19:00 h.: Os esquecidos de Cassis (71‘).
Mércores 21, 19:00 h.: Al Madina (14 ‘) A autoridade (10‘) Deus, o mar e a noite (25‘).
Xoves 22, 19:00 h.: Salah Azzaz (22’) Beirut (17 ‘) Bumerán (26 ‘).
Venres 23, 19:00 h.: Queimando o Estreito (50’).
_Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) Temática: Mozos e mozas
Martes 20, 19:00 h.: Warda (4‘) Hudud (8‘) A miña humilde historia (32‘) .
Mércores 21, 19:00 h.: Mudo (20‘) Garagouz (21‘) Hiyab (8‘).
Xoves 22, 19:00 h.: Khalid (15’) O vendedor de panos (32‘) Prohibido o paso (8‘).
Venres 23, 19:00 h.: Shooting Mohammed (50’).
_Museo Pazo de Tor (Tor, Monforte de Lemos) Temática: Mulleres
Martes 20, 19:00 h: Monecas, unha muller de Damasco (53‘).
Mércores 21, 19:00 h: Un día en Smara (24 ‘) Prohibido o paso (8 ‘) Beirut (17 ‘).
Xoves 22, 19:00 h: A muller policía (14‘) A miña moneca de trapo (26‘) A criada (19‘).
Venres 23, 19:00 h: Dru (15’) O do da cigoña (14’) Fiasco (19’).
Máis info: www.festivalamal.es
AMAL DENTRO DUN PROGRAMA EN PROL DAS MULLERES
Os filmes de Amal que se proxectarán no Museo Pazo de Tor e cuxa temática virará ao redor da muller, inclúense dentro dun programa de actividades dedicadas á muller e creado pola Rede Museística de Lugo. Durante o mes de marzo, con motivo do Día Internacional de Muller, as áreas de Cultura , Turismo e Benestar dependentes da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e coa colaboración de Amal, desenvolverán un amplo programa de actividades artísticas multidisciplinares nos 4 museos da Rede Museística baixo o título “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0”.
31 mulleres e 1 home, artistas, compartindo un obxectivo a prol da igualdade de xéneros: facer máis visible a muller dentro do mundo da arte.
As artistas participantes son:
Ana Costas, Blanca Besteiro, Carmen Llonín, Carmen Senande, Cristina Fernández, Dolores Guerrero, Elena Pendás, Emilia Salgueiro, Estefanía Novo, Gema López, Julia Ares, Laura Pernás, Laura Piñeiro, Mª Jesús Pérez Carballo, Mª José Santiso, Magdalena Seijas, María Chenut, Marta Prieto, Mercedes Cabada, Montse Cea, Montse Rego, Noa Persán, Paula Cabaleiro, Paula Salinas, Rebeca López, Renata Otero, Ruth Núñez, Sabela Arias, Soledad Peralta, Xedes Peón, Yolanda Dorda e Álvaro de la Vega
Poderá consultarse o programa de actividades en:http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=28&id=1701