CINE DO POBO, DA ESCOLA DE IMAXE E SON DA CORUÑA, PREMIADA EN CURTOCIRCUÍTO

11 / 05 / 2012

A cutametraxe documental «Cine do Pobo» gana o premio no prestixoso IX festival internacional de curtametraxes «Curtocircuíto» que se está a celebrar en Santiago de Compostela.

A curta, producida pola Escola de Imaxe e Son da Coruña é unha obra da alumna Eve Martinez que mostra unha viaxe a través da historia das salas de cine rurais con testemuñas de xente que dedicou gran parte das súas vidas a crear ilusións no cine «Don Juan» de Vilalonga (Sanxenxo).

 

A peza premiada competiu na sección oficial de Escolas Galegas ACME con case trinta obras presentadas ao concurso que pretende dar a coñecer a calidade técnica e narrativa das curtametraxes producidas polas escolas galegas.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: