Manuel Cristóbal, gañador do último Goya á mellor película de animación por Arrugas, será o encargado de dirixir todo o programa do próximo curso de Diboos. Manuel é un recoñecido produtor de talla internacional membro da xunta directiva da Academia de Cine, FAPAE, Diboos e membro da Academia de Cine Europea. Manuel é xa un gran personaxe do mundo da produción audiovisual. Nos últimos anos participou nos grandes proxectos da animación española como: El bosque animado (2001), El sueño de una noche de San Juan (2005), El lince perdido (2008) ou, a máis recente gañadora de dous Goyas, Arrugas (2011).
Coa experiencia de ter producido sete longametraxes para o mercado internacional, Manuel levará as rendas do próximo curso de Diboos. Coa súa experiencia persoal poderanos guiar por tódolos pasos necesarios para crear unha boa longametraxe de animación e distribuíla internacionalmente.
O curso constará de dous bloques diferenciados. O primeiro orientado ao desenvolvemento da produción e o seguinte máis centrado na distribución e na rentabilización do producto. Con isto preténdese cubrir tódalas necesidades; dende a panificación e o guión, ás ventas internacionais e os principais mercados de distribución.
Para desenvolver tódolos contidos do curso Manuel contará coa axuda dun gran equipo de poñentes: Ignacio Pérez (Presidente Illion Animation Studios), Pedro Martín (Dirección de proxectos e desenvolvemento Audiovisual SGR), Marina Fuentes (Directora Xeral 6 Sales), Juan Carlos Tous (Director Xeral CAMEO e Filmin), Ángel Blasco (Films CorporateContents Unit, Telefónica), Álvaro Curiel (Ex Director Xeral Buenavista International Spain) e Eva Cebrián (Directora Área de Cine, TVE). Todos eles mostrarán a realidade dun sector que está en pleno crecemento.
As clases impartiranse nas instalacións do CECO (Centro de Estudios Económicos e Comerciais) na rúa Ribera del Loira 54, en Madrid. O curso ten un prezo final de 375€ e inclúe tanto o almorzo e xantar de ambos días.
Para más información sobre o curso podedes consultar os seguintes enlaces.