“SHOOTING VS SHOOTING” DE NIKOS MEGRELIS PECHA O CICLO DE CINE E XORNALISMO EUROÁRABES ORGANIZADO POR AMAL EN MADRID

13 / 06 / 2012

O xoves 14 de xuño será a última cita co Ciclo de Cine e Xornalismo Euroárabes organizado pola Federación de Asociacións de Xornalistas de España, a Asociación de Xornalistas e Escritores Árabes en España e o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal en Madrid. Cita na que, como se fixo un xoves ao mes dende xaneiro, impartirase una conferencia e proxectarase un filme de temática euroárabe.

Neste caso, o programa do xoves 14 incluirá una conferencia ás 11,00 h da mañá a cargo do embaixador de Iraq, Ziyad A. Ali e a proxección do documental de Nikos Megrelis “Shooting vs shooting”, as 18,30 h. Tralo filme intervendrán nun coloquio os xornalistas Olga Rodríguez e Jon Sistiaga, así como o corresponsal do diario Al Hadaf, Majed Dibsi.

O lugar de celebración desta mostra será o Auditorio do Centro Internacional de Prensa de Madrid, ubicado en María de Molina, 50-2ª planta.

Cámaras contra armas

Longametraxe documental.

Director: Nikos Megrelis.

Ano: 2011.

Nacionalidade: Grecia.

Duración: 73 minutos.

Sinopse: Este documental narra a dramática historia de varios xornalistas que perderon a vida en Bagdad ao tratar de transmitir de forma libre a verdade á opinión pública. Testemuñas de varias personas revelan o absurdo da guerra, as responsabilidades dos gobernos e de exércitos, e a atrocidade do fanatismo cego.

Categoría: Noticias
Etiquetas: