O CGAI PECHA MAÑÁ A SÚA TEMPADA COA PROXECCIÓN DE MATISSE SE ESCRIBE CON DOS ESES

29 / 06 / 2012

O Centro Galego de Artes da Imaxe pecha mañá sábado día 30 de xuño (18.00 horas) a súa programación desta tempada –voltamos no mes de setembro- coa proxección da produción galega  Matisse se escribe con dos eses (2011) de Alberto Lobelle, ópera prima presente en Documenta Madrid 2011. O propio Alberto Lobelle presentará o filme e terá un encontro co público ao finalizar o mesmo. A entrada é de balde, como en todas as sesións da sección Off Galicia. MATISSE SE ESCRIBE CON DOS ESES    

(España, 2011)
Dirección, guión, produción e fotografía: Alberto Lobelle. Duración: 100 minutos.
Documental de Alberto Lobelle proxectado na edición de Documenta Madrid 2011. Mostra un grupo de nenos que asisten a unha escola de arte durante un ano. Síntese dese período de aprendizaxe, amósasenos minuciosamente o proceso.

Categoría: Noticias
Etiquetas: