REANÚDANSE AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MULTIMEDIA E AUDIOVISUAL DO PLAN DE FORMACIÓN 2012 DA REDE CEMIT

4 / 09 / 2012

As aulas CeMIT de 48 concellos galegos acolleron, do 7 de maio ao 25 de xuño, catro microactividades relacionadas co sector multimedia e audiovisual nas que participaron un total de 1.318 persoas. As actividades, que eran de carácter gratuíto, formaban parte do Programa de Formación 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT).

Este tipo de actividades, que combinan a modalidade presencial e on-line, continuarán a partir do 10 de setembro con temáticas relacionadas co sector multimedia e audiovisual. Así, do 10 ao 13 deste mes desenvolverase un curso sobre streaming de audio e vídeo de 15 horas centrado nas diferentes tecnoloxías para a xeración de contidos para streaming; e do 24 ao 27 de setembro levarase a cabo unha actividade, tamén de 15 horas, sobre o papel do Community Manager e as ferramentas a empregar no seu día a día. Para o desenvolvemento de ambas actividades empregarase o sistema de videoconferencia e videocolaboración de las aulas CeMIT, o que permitirá desenvolver as mesmas en formato presencial e telepresencial.

A Rede CeMIT está integrada por 98 aulas presentes en 92 concellos e 53 comarcas, e o seu obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola brecha dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar ás pymes e micropymes as vantaxes da sociedade da información. O Programa de Formación da Rede atópase cofinanciado polos Fondos Europeos de Desarrollo Regional (FEDER), no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013. Os interesados poden reservar a súa praza nas aulas CeMIT que a Rede ten distribuídas por Galicia, a través da web http://aulascemit.xunta.es, ou do teléfono 981552568.

 

/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

Categoría: Noticias
Etiquetas: