CONFERENCIA E PRESENTACIÓN DE LIBRO NO COMEZO DE CURSO DA ESCOLA DE IMAXE E SON

17 / 09 / 2012

A escola de Imaxe e Son da Coruña  (a EIS) inicia as súas actividades formativas hoxe luns, 17 de setembro.

Como acto de acollida aos novos alumnos e as persoas interesadas, haberá unha clase maxistral impartida pola profesora Mónica Parada sobre os dereitos de autor, de imaxe, de publicación,  de emisión, etc.  no ámbito do audiovisual.

A EIS presenta tamén nese día unha nova publicación, o nº 8 dos cadernos monográficos  audiovisuais.  O título deste libro é: “227 dúbidas sobre dereitos de imaxe e son”, da autora : Mónica Parada Gandos.

As conferencias serán as 12:00h e as 20:00h, con entrada libre e de balde.

A Escola de Imaxe e Son da Coruña contou para este novo curso que empeza o luns 17, con unha elevadísima  demanda  de solicitudes de matriculación, chegando a case as 2000 instancias que solicitaban  cursar algunhas das cinco especialidades que se imparten neste prestixioso centro en réxime ordinario (horario de mañás), réxime das persoas adultas modular ( horario vespertino) e en ensinanzas a distancia.                          

Categoría: Noticias
Etiquetas: