ARRUGAS, NOMEADA AO PREMIO DA EFA Á MELLOR PELÍCULA EUROPEA DE ANIMACIÓN DO ANO

20 / 09 / 2012

A cinta española Arrugas, de Ignacio Ferreras, producida por Perro Verde Films, Elephant in the Black Box, Cromosoma e a TVG, foi nomeada ao premio da Academia do Cine Europeo (EFA, nas súas siglas inglesas) á mellor película de animación do ano. Os seus rivais serán a coprodución entre a República Checa, Alemaña, Eslovaquia Alois Nebel, de Tomás Lunák; e a coprodución entre Reino Unido e Estados Unidos The Pirates! In an Adventure with Scientists, de Peter Lord.

Os filmes nomeados foron escollidos por un comité composto polo produtor español Antonio Saura, membro do consello da European Filme Academy, o productor danés Per Holst, membro da EFA, e por tres representantes da Asociación Europea Cartoon: a francesa Brigitte Baronnet, o alemán Tony Loeser e o irlandés Tomm Moore. A partir de agora, serán os 2.700 membros da Academia do Cine Europeo os que elixan ao ganador do premio á mellor longametraxe animada europea do ano. España xa sabe o que é triunfar nesta categoría. De feito, o pasado ano fíxose co galardón Chico & Rita. Os premios da EFA serán entregados durante unha cerimonia que terá lugar en Malta o próximo 1 de decembro.

Categoría: Noticias
Etiquetas: