O documental N-VI, do realizador compostelano Pela del Álamo, recibiu dous premios no Festival Alcances de Cádiz, o Premio do Público e a Mención Especial do Xurado.
O realizador desta peza asegurou sentirse ampliamente satisfeito por estos galardóns, que se suman a grande acollida da cinta nos certámenes de cine de toda España. “Estou especialmente contento porque é a primeira vez que N-VI é premiada e, ademáis, por partida dobre”, indicou o realizador, quen explicou que “este recoñecemento constata que tanto público coma xurado disfrutaron coa película”.