Mañá mércores 10 de outubro, ás 18.00, 20.30 e 23.00h no Cinebox do Centro Comercial Pontevella, o Cineclube Padre Feijoo remata o menú das «Xornadas de banda deseñada de Ourense», cun prato cociñado pola directora iraniana Marjane Satrapi (Persépolis; proxectada tamén polo cineclube).
POLLO CON AMEIXAS ( Poulet aux prunes)
(2011, Francia) 91 min.
Dirección: Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud
Guión: Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud
Música: Olivier Bernet
Fotografía: Christophe Beaucarne
Intérpretes: Mathieu Amalric, Maria de Medeiros, Isabella Rossellini, Golshifteh Farahani, Jamel Debbouze, Chiara Mastroianni, Edouard Baer, Eric Caravaca, Frédéric Saurel, Dustin Graf
Productora: Coproducción Francia-Alemaña; Celluloid Dreams Productions / Studio Babelsberg / TheManipulators
Cor (aspecto 2.35:1) | Son: DTS | Formato/distribución: 35 mm / (Golem)
Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en francés e inglés con subtítulos en castelán
Estreada en España: 03/08/2012 | Estrea en Ourense: 10/10/2012 (Cinebox)
Premios:
Festival de Venecia 2011: Sección oficial a concurso
Sipnose:
Nasser Ali Khan é un virtuoso do violín que decide deixarse morrer despois de que a súa muller rompa o seu amado instrumento durante unha discusión matrimonial. Pero os verdadeiros motivos da súa decisión son moito máis complexos