ARRINCA O FESTIVAL DE CINE EUROÁRABE AMAL “PEITEANDO” GALICIA CON ACTIVIDADES PARA TÓDOLOS PÚBLICOS

15 / 10 / 2012

O Festival Amal cumpre dez anos e para celebralo ten preparado un amplo programa de actividades co obxectivo de que participe o máximo número de composteláns, galegos e turistas. A cidade de Compostela respirará cultura árabe durante a semana do 15 ao 20 de outubro.

Amal comezará hoxe luns 15 con proxeccións de cine euroárabe para os máis peques da casa. Diferentes colexios de Santiago daranse cita todas as mañáns, as 11,00 h, para ver as curtametraxes “Carta a Sasha”, de Javier Reverte e Andoni Jaén, e “Ostora, la leyenda”, de Hani Kichi. Tras as curtas, Brais Fernándes, dinamizador cultural, encargarase de animar a actividade dun xeito moi divertido, con actividades lúdicas para que nenos de 5º e 6º de primaria saiban algo máis do mundo árabe. Será no Hotel Araguaney.

Para os maiores haberá proxeccións gratuitas de luns a xoves, as 13,00 h no hotel Araguaney. Os filmes que se exhibirán terán a música como protagonista principal. A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo tamén exhibirán estos filmes musicais.

“EID”, DE SAAHEB COLLECTIVE INAUGURA AS PROXECCIÓNS AMAL

Será as 18,30 h da tarde do luns 15 cando den comenzo, no Teatro Principal, as proxeccións dos filmes que entran a concurso en Amal. Nesta sesión se exhibirán varias curtas documentais empezando por “Eid”, de Saaheb Collective. Eid é un beduino que vive en Palestina baixo a ocupación israelí e que se adica a recoller materiales de desfeito para convertilos en arte. A continuación poderanse ver “Made of glass”, de Nadine Salib e Sameh Alaa, “Living in the Nile”, de Mohamad El Wassify e a curta de ficción “Sherezade et le delice casher”, de Agnés Caffin.

As 20,00 h da tarde tócalle o turno a longa documental “Beirut, Buenos Aires, Beirut”, de Hernán Belón e Grace Spinelli; as 22,00 h se proxectará a longa de ficción “Le repenti”, de Merzac Allouache e as 00,00 h “Under the sky”, dirixida por Ramzi Maqdisi e producida por Quds Art.

Ademáis, Amal instalará todas as tardes unha carpa no Toural con información sobre o Festival. Estará presente na Igrexa da Universidade cunha exposición de sellos árabes e acollerá no propio Hotel Araguaney unha mostra dos carteis que quedaron finalistas no concurso que se fixo para buscar a imaxe desta X edición.

Categoría: Noticias
Etiquetas: