A 7ª EDICIÓN DO PITCHING “I+P IDEAS PARA PRODUCIR” CELEBRARASE O DÍA 23 NO EDIFICIOÁGORA DE A CORUÑA

15 / 11 / 2012

O Clúster Audiovisual Galego (CLAG) celebrará a sétima edición do pitching I+P, Ideas para producir o vindeiro día 23 de novembro no Edificio Ágora de A Coruña. Neste foro presentaranse en total 21 proxectos audiovisuais de produtoras ou participantes individuais, tanto galegos coma do resto de España. Asemade, case unha trintena de responsables de canles de televisións nacionais, tanto públicas como privadas; canles autonómicas; axentes dedistribuidoras e produtores executivos en busca de novas ideas asisten a esta nova edición do I+P en calidade de potenciais compradores.

Este encontro está destinado a reunir a empresas ou participantes individuais que buscan alianzas empresariais de cara á coprodución. Por outra banda, para as producións xa nun estado máis avanzado, o I+P pretende facilitar o encontro con distribuidoras, programadores de antena e responsables de vendas internacionais para a comercialización. O CLAG organiza esta xornada de exposición de proxectos e entrevistas one to one en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Concello de A Coruña. Tamén son colaboradores do foro as empresas Music Library, Martín Codax, LAG (Localizaciones Audiovisuales de Galicia) e o Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA).Nesta edición presentarán os seus proxectos un total de 15 produtoras e seis participantes individuais, que contarán con intervencións de dez minutos para expoñer os seus traballos. Asemade tamén asistirán como oíntes ó I+P 2012 preto dunha decena de representantes de empresas pertencentes a distintos subsectores da industria audiovisual de toda España.

Entre os directivos de canles de televisión que participarán neste foro están Baldomero Toscano, director de Produción de Programas de Mediaset; Pepa Sánchez Biezma, directora Produción da Área de Miniseries de Mediaset; Esther Sánchez, directora de Novos Proxectos de Mediaset; María Rubín, responsable de Cine Español do Grupo Prisa; Fernando Gómez, director adxunto de Contidos de Telemadrid; Luis Redondo, director de Canal 9; Natalia Martínez, directora de Contidos de Aragón TV, ou Itziar Azpeitia, responsable de Desenvolvemento de Novos Proxectos de EITB. Por parte da TVG, asistirán ó pitching o director de Programación e Emisións, Fernando R. Madriñán; a xefa de Contidos, Vanessa Grela, e a responsable de Adquisicións, Montse Besada. Ademais, participarán no I+P 2012 os produtores Ramón Campos e Teresa Fernández Valdés, de Bambú; Juan Gordon, de Morena Films; Jaime Martul, de Alquitara Films, e Rogelio Delgado, de Teysomedia Ficción; así como Carlos Carballo e Alberto Guntín, director e director de Desenvolvemento de Voz Audiovisual, respectivamente, e Guillermo Gómez-Sancha, director de Contidos de Vértice 360º.

Tamén asisten ó pitching responsables de distribuidoras e comercializadoras de cine e televisión coma Buena Vista, European Dreams Factory, DeAPlaneta, Motion Pictures, ou Expressive, e de empresas de servizos á industria audiovisual como Finding4you e Audiovisual SGR.

Axenda do I+P Ideas para producir

A sétima edición do pitching “I+P Ideas para producir” será inaugurada polo presidente do CLAG, Andrés Barbé, e polo director de Galicia@World do IGAPE, Alfredo Castro. A continuación, e xusto antes da sesión de presentación dos proxectos, celebrarase unha mesa redonda que leva por título “Beneficios das rodaxes cinematográficas nas cidades” na que participarán Carlos Rosado, presidente da Spain Film Commision, e Piluca Querol, directora da Andalucía Film Commision. Pola tarde, terán lugar os encontros one to one entre os responsables dos proxectos presentados e os potenciais compradores.

Na xornada anterior ao pitching, o xoves día 22, os responsables de canles de televisións, axentes de distribuidoras e produtores executivos participarán no tour “A Coruña Cinematográfica”, actividade que busca salientar os beneficios que reportan as rodaxes nas cidades e as posibles estratexias de promoción e explotación existentes, como pode ser o turismo cinematográfico. A continuación, asistirán no Teatro Colón de A Coruña á premier do filme “Invasor”, dirixido por Daniel Calparsoro, e producido por Vaca Films e Morena Films.

 

PROGRAMA DO VII I+P IDEAS PARA PRODUCIR

XOVES, 22 DE NOVEMBRO DO 2012

16.00 – 19.00 h. Tour “A Coruña Cinematográfica”.

Recollida no Hotel NH Atlántico e visita a localizacións cinematográficas na cidade de A Coruña.

19.00 – 19.30 h. Benvida do Alcalde.

Recepción do Excmo. Alcalde de A Coruña, D. Carlos Negreira Souto, no Salón de Plenos do Concello de María Pita.

19.45 – 20.30 h. Viño galego (Casino Atlántico)

21:00h Premier “Invasor” (Teatro Colón).

Película dirixida por Daniel Calparsoro e producida por Vaca Films e Morena Films.

VENRES, 23 DE NOVEMBRO DO 2012

09.00 – 09.20 h. Presentación do VII I+P, ideas para producir.

Andrés Barbé, Presidente do Cluster Audiovisual Galego.

Alfredo Castro, Director de Galicia@World, Igape.

09.20 – 09.50 h. Beneficios das rodaxes cinematográficas nas cidades.

Modera: D. Andrés Barbé.

Relatores:

D. Carlos Rosado, Spain Film Commision.

Dna. Piluca Querol. Andalucía Film Commision.

Beneficios que aportan as rodaxes cinematográficas ás cidades e as diferentes vías de explotación e promoción como o turismo cinematográfico..

12.00 – 12.30 h. Music Library Coffee

12.30 – 14.30 h. Presentación de proxectos.

14.45 – 15.45 h. Comida de traballo (Edificio ÁGORA).

15.45 – 18.30 h. Sesións One to One (Edificio ÁGORA)

10.00 – 12.00 h. Presentación de proxectos.

10.00 –12.00 h. Actividade Paralela

Meeting Point Film Commisions

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: