Este venres, 23 de novembro ás 20.00h o ciclo de Cine de Outono do Museo Etnolóxico de Ribadavia continúa coa proxección do filme “Circo” do colectivo Los Hijos.
CIRCO
2010, Los Hijos
73 minutos
Este filme retrata sistematicamente un día da existencia do circo dunha nova familia de artistas que se desprazan polo norte de España facendo do traballo unha forma de vida.
Na prensa:
“Sinxela e excelentemente filmada”.
(Elena Oroz. Blogs & Docs. Maio 2010)
“A través da defensa dunha certa ética do traballo, (…) Los Hijos propoñen unha certa ética do
documentalista (a dun colectivo que pensa filmando e viceversa)”
(Asier Aranzubía Cob. Cahiers du Cinéma España. Setembro 2010)
COLECTIVO LOS HIJOS
Grupo formado en Madrid (2008) por os seguintes membros: Javier Fernández Vázquez (Bilbao 1980), Luis López Carrasco (Murcia 1981), e Natalia Marin Sancho (Zaragoza 1982). Desenvolven a súa actividade en Madrid, onde alternan o rexistro documental coa experimentación formal, emprazados no terreo fronteirizo do cine de vangarda, a investigación etnográfica e o vídeo arte.