A ACADEMIA ORGANIZA UNHA CONFERENCIA SOBRE TIMELAPSE

3 / 12 / 2012

A Academia Galega do Audiovisual organiza o sábado 15 de decembro unha conferencia con Luis Caldevilla baixo o título “A arte de capturar o tempo” sobre a técnica timelapse.

A xornada terá lugar nas instalacións do Centro Ágora en A Coruña, a partir das 11.00 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo, se ben é imprescindible inscribirse.

Caldevilla, pioneiro da divulgación do timelapse en España, contaranos en qué consiste esta técnica de composición de vídeos mediante a captura de imaxes fixas a determinados interevalos de tempo. Ao longo da presentación ensinará aos presentes a capturar secuencias para crear “vídeos acelerados” e mostraranos os trucos que adoita empregar á hora de realizar os seus traballos.

Luis Caldevilla durante máis de 20 anos traballou como realizador para diferentes canles de televisión e produtoras pero dende 2008 centrouse exclusivamente na técnica da fotografía a intervalos, converténdose así no pioneiro na divulgación da técnica timelapse en España. Ademais é o alma máter de www.timelapse.tv  e administrador do foro de referencia sobre esta técnica en lingua castelán.

Categoría: Noticias
Etiquetas: