PROXECCIÓN DE RAF FACCIÓN DO EXÉRCITO VERMELLO DENTRO DO CICLO FILMES SELECCIONADOS

4 / 12 / 2012

Este mércores, 5 de decembro, ás 18 e 21h no Cinebox Ourense, o Cineclube Padre Feijoo (Ourense), comeza o ciclo Filmes Selecionados, elixidos por parte do público que presentou algún dos filmes durante o ano que remata. Para o último dos 3 filmes programados, o público, poderá coas pistas espalladas, seleccionar o filme sorpresa, entre un «thriller» ou unha «comedia».

R.A.F.  FACCIÓN DO EXÉRCITO VERMELLO ( DER BAADER MEINHOF KOMPLEX)

2008, Alemaña (VOSE)

Dirixida por Uli Edel, retrata históricamente a Alemaña en crise dos 70, no que un movimento terrorista, nado da xeración dos fillos do radicalismo nazi, atenta para «liberar» Alemaña do fascismo imperialista, sen contar os seus inhumanos métodos.

A banda Baader-Meinhof» -ou «Fracción do exército vermello»- foi un movemento armado antisistema fundado nos anos 60. Entre os seus mortais atentados destacan os cometidos contra Hans-Martin Schleyer; o xefe da patronal, e contra Siegfried Buback; o fiscal xeral do estado. Detidos pola policía en 1972, foron atopados mortos nunha cela de seguridade 5 anos despois. A versión oficial foi suicidio. O filme baséase en feitos reais, e representa dun xeito realista a crónica histórica dos anos 70, nunha época de crise e incertidume política. 

Máis información do resto do ciclo: http://cineclubepf.blogspot.com.es/2012/11/filmes-seleccionados.html

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: